Información Xeral

Home Información Xeral

Nesta páxina atopará información sobre a composición e os obxectivos da asociación Laboratorio Interprofesional Galego de Análise do Leite, así como todas as actividades que se realizan no ámbito da calidade do leite e os produtos lácteos.

O LIGAL ten como fins básicos estatutarios os de carácter asistencial, educativo, científico, sanitario e de cooperación ou fomento da economía primaria e de investigación no ámbito de que se trata e que, entre outros, inclúen:

  • O control da composición química e bacteriolóxica do leite.
  • A contribución profesional aos plans de profilaxe que corresponda ao rabaño, especialmente á erradicación de mamite, brucelose e leucose.
  • Os estudos e investigacións científicas e técnicas relativas ao leite e produtos lácteos, ben directamente, ou a través de convenios con entidades públicas ou privadas.
  • Calquera outra actuación para o control da calidade do leite, a súa produción, tratamento, transformación e comercialización no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, así como dos demais produtos lácteos, encamiñadas a optimizar a súa produción e comercialización no máximo nivel sanitario.

O LIGAL desenvolve o esquema do pago do leite segundo a súa calidade en toda a Comunidade Autónoma de Galicia, realiza as analíticas de Control Leiteiro incluídas nos programas de mellora xenética, colabora coas industrias e cos Consellos Reguladores das Denominacións de Orixe Queixo Tetilla, Arzúa-Ulloa, San Simón da Costa e Cebreiro nos seus programas de control de calidade do leite e produtos lácteos, e é titular da Marca de Garantía “Galega 100%”.

Ademais integra actividades que proporcionan tanto ao gandeiro como á industria ferramentas para a mellora da calidade do leite, da sanidade e da alimentación; e colabora coas administracións públicas no control oficial de produtos alimenticios, así como nos programas de trazabilidade a nivel nacional e autonómico.

Presidente: Xabier Iglesias Fernández – Unións Agrarias de Galicia
Vicepresidente: Feníl
Secretario: Feníl
Tesoureiro: Asociación Galega de Cooperativas de Galicia (AGACA)
Vocais: Feníl
SLG – Comisións Labregas
Feníl